O lalinense Marcos Torres, novo portavoz do bispo de Lugo

Foi un dos curas pioneiros da diocese no uso das novas tecnoloxías
Marcos Torres. AEP
photo_camera Marcos Torres. AEP

O SACERDOTE Marcos Torres, que ata agora desempeñaba o seu labor pastoral en Lalín, foi nomeado novo portavoz do bispo de Lugo. Este mozo lalinense de 34 anos que ía para político, xa que foi presidente de Novas Xeracións da capital do Deza e incluso figurou nas listas electorais do PPDEG, decidiuse polo sacerdocio e cursou os seus estudos no Seminario Maior de Lugo, cidade na que tamén fixo as súas primeiras prácticas na parroquia da Nova.

Torres, que tamén estará á fronte do departamento de comunicación do Obispado, ten un máster en Xornalismo e foi un dos curas pioneiros da diocese no uso das novas tecnoloxías, xa que tiña dispoñible unha App para confesar a través do móbil, así como outras para avisar aos fregueses de cando ía celebrar misa ou informar da actividade xeral da parroquia.