Imprimir

Lanzan catro artefactos incendiarios en Tui nunha zona próxima ás vivendas

Galiciaé | 14 de septiembre de 2019

Un dos artefactos localizados polos veciños de Areas. TVG
Un dos artefactos localizados polos veciños de Areas. TVG
Os dispositivos parécense aos empregados polos equipos de rescate marítimos

Os veciños de Areas, en Tui, viviron un episodio de alarma o pasado martes por mor de catro artefactos incendiarios que foron lanzados nunha zona próxima ás vivendas.

O primeiro deles, segundo informa a TVG, caeu no tellado dunha vivenda, cuxo inquilino escoitou ata outros tres estalidos próximos.

Os veciños organizaron entón unha batida polo monte, onde atoparon dous dos artefactos, que foron entregados á Garda Civil.

Os dispositivos eran similares ás bengalas utilizadas polos servizos de urxencia marítimas para facerse ver a distancia.

Podes ver este artigo na próxima dirección /gl/articulo/galicia/lanzan-artefactos-incendiarios-tui-zona-proxima-vivendas/20190914190000064973.html


© 2020 Galiciae

Fernando de Casa Novoa, 35 A 1ºB Santiago de Compostela

Tlfno: 981 55 25 30

(Grupo El Progreso)