En Marea acorda iniciar os trámites para desparecer como partido

Aínda que a súa disolución definitiva como organización "non será inmediata"
Pacho Casal e María Chao. (Efe)
photo_camera Pacho Casal e María Chao. (Efe)

En Marea decidiu desaparecer como partido, aínda que a súa disolución como organización "non será inmediata" e, mentres tanto, prestará apoio ás "corenta" candidaturas municipalistas afíns que teñen representación en distintas corporacións locais de Galicia. 

Así o decidiron os 52 inscritos (37 de forma presencial e outros 12 por vía telemática) que participaron nun plenario celebrado no Hotel Congreso de Teo, no que, após o trompazo electoral das autonómicas de xullo, estaba sobre a mesa disolver o partido ou seguir adiante coa renovación dos seus órganos de dirección. 

Con todo, finalmente optaron por unha vía intermedia: desparecer como organización política pero pospor sine die a disolución efectiva do partido para seguir "apoiando" ás mareas municipalistas que continúan activas. 

Así o explicaron os portavoces da organización Pancho Casal e María Chao nunha rolda de prensa posterior ao plenario, na que afirmaron que En Marea non quere "ser un obstáculo" para que xurda un "novo proxecto" que catalice os ideais dun movemento que consideran aínda vivo. Segundo Casal, no momento en que exista ese "novo proxecto", En Marea certificará a súa disolución, para a que xa "inicia os trámites".

Comentarios