Milladoiro conmemora o seu 40 aniversario cunha xira por once localidades galegas 

O primeiro concerto terá lugar este mesmo mes
Milladoiro celebra o seu 40 aniversario. XOÁN REY (EFE)
photo_camera Milladoiro celebra o seu 40 aniversario. XOÁN REY (EFE)

A mítica banda Milladoiro, icona e referente da cultura propia de Galicia, cumpre 40 anos, e decidiu conmemorar esta efeméride cunha xira que recaerá en até once localidades e percorrerá a xeografía galega. 

Esta programación de concertos conta coa colaboración da Xunta de Galicia, que decidiu enmarcar a celebración das catro décadas da banda para darlle impulso ao próximo ano Xacobeo 2021. 

A xira foi presentada nun acto na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela, presidido polo propio conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, o secretario xeral de Política Ling~ística, Valentín García, xunto a varios dos integrantes da formación, como Pepe Ferreira e Ramón García. 

Rodríguez destacou a "profunda débeda" de Galicia con Milladoiro, a quen definiu como embaixadores da cultura galega por diversos países e nos mellores escenarios de Asia, Europa ou Estados Unidos. 

Sobre todo, incidiu en que Milladoiro supuxo para toda unha xeración de galegos que existe "unha forma de expresarse" de cara ao mundo e que "se pode facer un gran proxecto cultural" sen renunciar á identidade propia. 

Así mesmo, destacou a súa vinculación co Camiño de Santiago con elementos presentes ao longo de todos os seus traballos, e a súa relación con outras tradicións musicais do mundo celta. 

Ramón García quixo agradecer, pola súa banda, o apoio da administración galega "nestes momentos moi difíciles" tanto para o sector musical como o cultural, que require máis que nunca a colaboración de todos para que "non desapareza".

PROGRAMA. A xira arrincará neste mesmo mes e pasará polos concellos de Mos, Santiago de Compostela, O Pino, A Estrada, Ames, Tui, Monforte, Portas, Vilanova de Arousa, O Barco de Valdeorras e Sobrado dos Monxes. 

Todas as citas, que cumprirán estritas medidas de seguridade hixiénico sanitaria, foron escollidas tanto por formar parte dalgunha das rutas do Camiño como para favorecer un equilibrio territorial e acceso á cultura, máis aló das grandes cidades. 

Así mesmo, unha das actuacións celebrarase na propia Cidade da Cultura,

Comentarios