Morre en Negreira ao estalar a caldeira que trataba de acender

Os sanitarios desprazados ata a vivenda só puideron certificar o falecemento

Un home faleceu ao estalar unha caldeira cando trataba de acendela no municipio de Negreira, segundo informou o 112 Galicia. Os feitos ocorreron sobre as oito e media da tarde deste martes nunha vivenda de Rons.

O falecemento produciuse ao rebentar a caldeira cando o home a manipulaba. Os servizos sanitarios desprazados ao lugar unicamente puideron certificar o seu falecemento.

Ao lugar acudiron axentes da Garda Civil, que se fixeron cargo da investigación. Tamén acudiron os bombeiros de Santa Comba.