Morre unha persoa en Carballo ao chocar o seu coche contra outro que estaba aparcado

O incidente tivo lugar na estrada que une a localidade con Santiago
Oficinas do 112. EMERXENCIAS GALICIA
photo_camera Oficinas do 112. EMERXENCIAS GALICIA

Unha persoa morreu a tarde deste venres ao chocar o seu turismo contra outro vehículo que estaba estacionado nas proximidades de Rus, parroquia do municipio de Carballo (A Coruña). 

O accidente tivo lugar sobre as 20.06 horas na estrada DP-1914 que une Carballo con Santiago, segundo indicaron a Europa Press fontes policiais. 

Por causas que están a ser investigadas, un turismo encaixouse contra outro que estaba estacionado. Como consecuencia do forte impacto, unha persoa perdeu a vida, segundo informou o 112 Galicia. 

Ao lugar acudiron efectivos dos Bombeiros de Carballo, que tiveron que excarcerar á vítima, que quedara atrapada no interior do vehículo. 

Igualmente, interviñeron efectivos sanitarios, axentes da Policía Local, persoal de Protección Civil de Carvallo e axentes da Garda Civil de Tráfico, que se fixeron cargo do atestado do accidente. 

Comentarios