ESPAÑA LEVA rompéndose tanto tempo que sorprende que aínda quede España que romper. Os traidores da patria son malos ata para facer o mal. Os Pepe e Otilio da destrución de países. Se atendemos ao tantas veces repetido, España debería de estar escachada, esparexida polo mundo adiante. Euskadi onda o polo norte; Ceuta preto de Botswuana. Pero Murcia aínda está aquí ao lado. E nela, José Ángel Antelo, ex xogador galego de baloncesto a quen Abascal nomeou presidente de Vox na rexión máis fermosa. En plena retransmisión da cabalgata, o á-pivote mostrouse compunxido: "O PSOE servo do terrorismo rompeu a maxia deste día". Alguén tiña que dicilo. Todos os nenos choraban o domingo pola unidade de España.
Solo alguien de VOX sería capaz de usar en plena retransmisión de la #Cabalgata de Reyes de #Murcia términos como
— Miguel Company /🍋 (@MiguelCompany) January 5, 2020
Traición a España
o siervo del terrorismo
Qué falta de escrúpulos, sensibilidad y sentido de la oportunidad
Como ha dicho @Enca_talavera, "no pintaba nada aquí" pic.twitter.com/hzy3SLhk61