Permanece detido o home acusado de matar ao xerente dun bar en Ourense

O individuo está á espera de pasar a disposición xudicial

A investigación iniciada a principios do mes de febreiro levou á detención este luns dun individuo como presunto autor da morte do xerente do Bar Novo en Ourense, que permanece á espera de pasar a disposición xudicial nas próximas horas. 

Segundo informaron fontes próximas á investigación, que está baixo segredo de sumario, o arresto foi froito das pescudas da Unidade de Delincuencia Especializada e Violenta (UDEV) da Policía Nacional. Está previsto que pase a disposición xudicial entre este mércores e o xoves. 

En concreto, a Unidade de Delincuencia Especializada e Violenta (UDEV) da Policía Nacional, tras ter constancia da morte deste home o 6 de febreiro, investigou a morte violenta do home que rexentaba o Bar Novo, situado no casco antigo da cidade de Ourense. 

Os feitos sucederon sobre as 20,30 horas do 5 de febreiro no Bar Novo. A vítima, que rexentaba o establecemento hostaleiro, atopábase falecido e presentaba feridas por arma branca e golpes. 

O establecemento hostaleiro, situado na rúa Colón, estaba pechado ao público cando os axentes da Policía Nacional chegaron ao lugar e constataron que o home estaba morto. 

Comentarios