Pharmamar pedirá permiso para testar un compuesto en contagiados de covid-19

As probas en laboratorio demostraron que podería curar a enfermidade
Instalaciones de PharmaMar en Madrid. EP
photo_camera Instalaciones de PharmaMar en Madrid. EP

Pharmamar pedirá autorización para ensaiar en pacientes infectados con coronavirus a aplicación do composto Aplidin despois de que as probas en laboratorio, feitas en colaboración co Centro Superior de Investigacións Científicas (CISC), mostren que podería curar a enfermidade.

A compañía ensaia desde hai anos o uso do composto antitumoral Aplidin para o tratamento do mieloma múltiple e recentemente anunciou que o estaba probando para a posible cura do coronavirus Covid-19.

Nun comunicado remitido este venres á Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV), a farmacéutica española ha explicado que os resultados dos estudos in vitro de Aplidin no coronavirus humano HCoV-229E, que ten un mecanismo de multiplicación e propagación moi similar ao Covid-19, resultaron ser positivos cunha potencia da orde nanomolar.

Así, confírmase a hipótese "de que a diana terapéutica de Aplidin, que é o EF1A, é clave para a multiplicación e propagación do virus".

Os estudos leváronse a cabo no Centro Nacional de Biotecnoloxía do Centro Superior de Investigacións Científicas (CSIC).

Con estes datos obtidos en laboratorio, PharmaMar contactará con autoridades regulatorias para analizar as posibilidades de estudos en pacientes infectados co Covid-19, engade a empresa na nota remitida ao supervisor bolsista.

Comentarios