Piden colaboración para localizar unha menor de Allariz desaparecida

Claudia Gómez Ovejero, de 17 anos, está en paradoiro descoñecido desde o 11 de novembro
Claudia Gómez, menor desaparecida en Allariz. SOS DESAPARECIDOS
photo_camera Claudia Gómez, menor desaparecida en Allariz. SOS DESAPARECIDOS

SOS Desaparecidos pediu este mércores a colaboración cidadá para localizar unha menor de 17 anos desaparecida en Allariz, segundo trasladou a través de redes sociais esta plataforma. Trátase de Claudia Gómez Ovejero, que desapareceu o pasado 11 de novembro nesta localidade ourensá.

Ante calquera posible dato que poida axudar á súa localización, facilítase o número da Fundación Anar (116000) e os teléfonos 642 650 775 e 649 952 957. 

De acordo coa información facilitada por SOS Desaparecidos, a menor mide 1,65, é de complexión delgada, ten pelo negro e ollos marróns e vestía no momento da súa desaparición unha sudadera negra con raias grises. 

Comentarios