Repuntan os novos positivos en Galicia, pero a cifra de hospitalizados baixa dos 400

Os pacientes en Uci descenden nun, até situarse en 61, mentres que os casos activos da enfermidade baixan dos 7.000

Una mujer se somete a un prueba PCR. TONI GALÁN
photo_camera Unha muller sométese a unha proba PCR. TONI GALÁN

Galicia sumou 337 novos positivos por coronavirus nun día, o que implica un repunte de 47 con respecto aos da xornada anterior. No entanto, a presión hospitalaria continúa á baixa e o total de ingresados caeu da barreira dos 400.

En concreto, o número de persoas con covid-19 en hospitais da Comunidade galega diminuíu nas últimas horas até situarse en 398, once menos das que había un día antes. Tamén continúan en descenso os pacientes en UCI, aínda que o descendo deste sábado é só dun ingresado en críticos menos repecto aos que había fai 24 horas. En total son 61, máis da metade deles repartidos entre os hospitais da Coruña e Vigo.

Así se desprende da actualización dos datos de presión hospitalaria publicada na mañá deste sábado pola Consellería de Sanidade na súa páxina web con datos solicitados até as 18,00 horas do venres.

Nese momento, o número de ingresados baixara nas áreas sanitarias da Coruña-Cee, Ferrol, Ourense-Verín-O Barco e Lugo-A Mariña-Monforte e Santiago-Barbanza, mentres aumentaba lixeiramente en Pontevedra-O Salnés e Vigo.

Pese ao descenso global, A Coruña-Cee continúa á fronte das áreas sanitarias galegas en volume de pacientes con patoloxía covid-19 ingresados. Son un total de 125 (dous menos), dos cales 22 están en UCI (un máis).

Detrás do distrito da cidade herculina atópase a área sanitaria de Vigo cun total de 77 hospitalizados con coronavirus, 12 deles en críticos (un menos). De feito, entre A Coruña e Vigo suman 33 dos 61 pacientes que se atopan en UCI nestes momentos.

A área sanitaria de Pontevedra-O Salnés presenta un leve incremento no número de pacientes ingresados, que se sitúan en 51 (un máis), dos cales, 9 se atopan en UCI (sen cambios).

En Santiago-Barbanza baixan os hospitalizados até os 42 (dous menos), dos que 36 están en planta (catro menos) e seis en UCI (dúas máis).

Na área de Ourense-Verín-O Barco de Valdeorras hai 41 persoas hospitalizadas (catro menos) e baixa a 5 o número de ingresados en UCI (un menos); mentres que na área de Ferrol baixan a 35 os hospitalizados: 29 en unidades convencionais (tres menos) e seis en UCI (un menos).

Por último, a área de Lugo-A Mariña-Monforte é a que ten menos casos de covid nos hospitais, cun total de 26, dous menos que 24 horas atrás. Ademais, hai un só paciente ingresado en UCI na área sanitaria luguesa.

REPUNTAN OS POSITIVOS DIARIOS. Máis aló das persoas ingresadas, Galicia sumou en 24 horas un total de 337 novos positivos por coronavirus, un repunte de 47 con respecto aos notificados na xornada anterior. Hai que ter en conta que tamén subiron, aínda que lixeiramente, as probas PCR feitas nun día, até as 5.407 –sobre 300 máis–.

A área sanitaria de Vigo repite nos datos deste sábado como a que máis contaxios novos rexistra, con 101 notificados, unha subida de seis. Tras esta, está a da Coruña-Cee, con outro repunte de 15, o que supón que se detectaron 68 positivos nun día.

Tamén rexistraron subidas nos infectados as áreas de Lugo-A Mariña-Monforte, que suma 39 novos (+7); de Pontevedra-O Salnés, con 38 (+12); e de Ferrol, con 33 (+17).

Mentres tanto, as únicas que baixaron foron as áreas sanitarias de Santiago-Barbanza, a 45 positivos nun día (-1); e a de Ourense-Verín-O Barco de Valdeorras, a 13 (-9).

LIXEIRA SUBIDA DAS PCR. Así mesmo, os datos da web de Sanidade reflicten que até o momento se realizaron en Galicia un total de 927.833 PCR, o que supón que en 24 horas se levaron a cabo 5.407 probas, case 400 máis que na xornada anterior.

Iso si, a taxa de positividad volveu experimentar unha subida, até o 7%, co que Galicia aínda pasa o limiar do 5% que marca a Organización Mundial da Saúde (OMS) para dar por controlada a pandemia.

De feito, nos datos deste sábado todas as áreas sanitarias sitúanse por encima deste límite, fóra de Ourense, que se coloca no 5% exacto. A de maior taxa de positividad é Ferrol (13,1%), seguida de Lugo (9,7%), Santiago (7,3%), Vigo (6,3%), A Coruña (6,1%) e Pontevedra (5,8%).

CASOS ACTIVOS. No que respecta aos casos activos en toda Galicia –é dicir, a cifra de persoas diagnosticadas da enfermidade–, a Comunidade mantén a súa tendencia á baixa e cae da cifra de 7.000 pacientes, pois concretamente conta este sábado con 6.948 –188 menos que o venres–.

Este descenso sostido se replica en todas as áreas sanitarias. A de Vigo é a que conta con máis pacientes covid, cun total de 1.842 –unha baixada de 27–. Ademais, A Coruña-Cee ten 1.430 enfermos, 42 menos; e a de Pontevedra-O Salnés ten 1.025, 40 menos.

Por baixo do milleiro de pacientes están Lugo-A Mariña-Monforte, con 829 casos activos (-29); Santiago-Barbanza, con 807 (-14); Ferrol, con 596 (-14); e a de Ourense-Verín-O Barco, que se mantén coa menos afectada con 419 pacientes (-17).

CURADOS E FALECIDOS. Sanidade tamén recolle na web de datos que desde o principio da pandemia diagnosticouse de covid-19 en Galicia a un total de 53.903 persoas, das que 45.712 curaron, 548 delas nas últimas 24 horas.

No entanto, a cifra de mortos que deixa a crise sanitaria na Comunidade galega continúa en aumento e ascende xa a 1.236 despois de que a Consellería notificase 10 falecementos nas últimas horas, catro deles procedentes de residencias de maiores.

Comentarios