Imprimir

Ruído opositor

Tito Diéguez |

Galiciae | 21 de enero de 2020

SEN DEIXAR pasar os cen días habitualmente implícitos desde que se forma un novo Goberno, a oposición xa busca calquera fenda pola que torpedear o Executivo, pero lonxe de ser efectiva, ata agora só semella de rabecha, que de pouco serve máis que para producir ruído. Aínda parece descolocada logo da investidura multipartidista, porque criticar aspectos tan insubstanciais como o cambio de data dos consellos de ministros dos venres aos martes ou a elección da fiscala xeral do Estado teñen escaso percorrido. Dificilmente poderían pensar que os cidadáns estean tan queixosos como para saír en tropel a amosar o seu malestar por que Sánchez tome a decisión de optar por quen cumpre os requisitos para estar á fronte do ministerio público, independentemente do seu cargo anterior, e se iso cabrea, que dicir de que o presidente do Goberno se reunirá agora cos seus ministros un día da semana distinto ao que se facía antes. As prioridades cidadás parecen ir por outras direccións. Cunha oposición así, loureiros para o Goberno.
Podes ver este artigo na próxima dirección /gl/opinion/tito-dieguez/ruido-opositor/20200121180827072249.html


© 2020 Galiciae

Fernando de Casa Novoa, 35 A 1ºB Santiago de Compostela

Tlfno: 981 55 25 30

(Grupo El Progreso)