Seguimento desigual no primeiro día da folga de médicos de Primaria

O apoio vai do 86% na área de Vigo ao 33% na lucense ► Sanidade rebaixa o seguimento en Lugo a menos dun 5%
Varias manifestantes sostienen carteles en un centro de salud de Santiago de Compostela. XOÁN REY (Efe)
photo_camera Varias manifestantes sostienen carteles en un centro de salud de Santiago de Compostela. XOÁN REY (Efe)

A primeira das dúas xornadas de folga de médicos de Atención Primaria foi secundada, segundo a Xunta, por apenas un 12,7% do total de persoal, mentres que desde a plataforma organizadora deron cifras maiores e mostráronse satisfeitos pola participación. De feito, disparárona ata un 83% na área de Vigo, cun seguimento superior ao 60% en Ferrol, Pontevedra e Ourense. No vagón de cola en canto a participación están as áreas da Coruña (47%), Santiago (45%) e Lugo (33%).

O portavoz da Asemblea de Áreas Sanitarias e médico de Primaria en Vigo, Alberto García, explicou que estes datos obedecen " alta dispersión" poboacional de provincias como Lugo, nas que é "moi difícil chegar e contactar con todos os facultativos para a motivación". En calquera caso, destacou que a participación foi "moi alta", especialmente en zonas de maior presión asistencial.

Tamén destacou o cumprimento dos servizos mínimos nos centros de saúde —na PAC fixáronse no 100% ao atender urxencias—, o que evitou situacións complexas para os pacientes.

Desde a Xunta tamén se confirmou esa normalidade e a totalidade do cumprimento dos servizos mínimos establecidos, aínda que rebaixou os datos de participación na folga a apenas un 12,7 % en toda Galicia, porcentaxe que elevan en Vigo, área con maior participación, ao 30,7%.

Se hai un lugar onde a primeira xornada de folga picou foi a provincia de Lugo, onde o seguimento foi en xeral moi baixo

No resto de áreas sanitarias, a participación non supera o 20%, segundo Sanidade, xa que queda nun 18,1% en Pontevedra e O Salnés, seguido do 17,4% de Ferrol ou o 10,4% de strong <>Santiago e O Barbanza. E incluso recollen zonas cun seguimento por baixo do 10%, entre as que estarían Ourense, Verín e O Barco (7,9%), A Coruña e Cee (7,2%) e Lugo (4,9 %).

Con esta convocatoria, a asemblea presiona á Xunta para que atenda as súas demandas, que pasan pola recuperación nun prazo máximo de tres meses dunha estrutura de xestión específica para Atención Primaria que termine coas duplicidades e funcionamentos en paralelo do actual sistema.

Tamén esixen un tope máximo diario de 30 pacientes por médico, unha maior estabilidade laboral coa convocatoria de todas as prazas vacantes no sistema, a cobertura do 100 % das baixas, máis fondos e unha atención máis homoxénea en todas as áreas.

O Sergas, pola súa banda, recordou onte o seu compromiso de incrementar o cadro de persoal dos seus centros de saúde en máis de 300 profesionais.

Comentarios