O Son do Camiño esgota os seus 30.000 abonos nunha hora e media

Nos próximos días o festival anunciará a súa programación por xornadas e porá á venda as entradas
Público en 'O son do Camiño'. ÓSCAR CORRAL (EFE)
photo_camera Público nunha edición anterior de O Son do Camiño. ÓSCAR CORRAL (EFE)

O festival galego O Son do Camiño volve bater marcas ao esgotar en apenas unha hora e media os 30.000 abonos dispoñibles, que saíron á venda ás 14 horas deste martes.

A ampliación do aforamento realizada de cara á súa terceira edición non foi suficiente para o gran interese que esperta este festival tanto en España como no estranxeiro, cuxos boletos se puxeron á venda cun prezo inicial de 59 euros.

"Sentímolo pola xente que non chegou a tempo a comprar as súas entradas: a demanda foi, un ano máis, moi superior ao aforamento", expresaron desde a organización nun comunicado, no que recordan, que "só as entradas adquiridas a través das canles oficiais son válidas e darán, xa que logo, acceso ao Festival". 

O Son do Camiño anunciará a súa programación por días e porá as entradas para cada un deles á venda proximamente.

O festival galego anunciou a semana pasada a programación completa da súa terceira edición, que se celebrará no Monte do Gozo de Santiago de Compostela os días 18, 19 e 20 de xuño e no que destacan artistas como Liam Gallagher, Bad Bunny, Daddy Yankee, Foals, The National ou Jason Derulo. 

Comentarios