Ecocidio, feminicidio e sentidiño, entre as finalistas á Palabra do Ano 2019

A votación virtual manterase aberta ata as 23.59 horas do 25 de decembro no Portal das Palabras
O emprego do termo ecocidio foi moi frecuente durante o Cume do Clima. EFE
photo_camera O emprego do termo ecocidio foi moi frecuente durante o Cume do Clima. EFE

Os termos ecocidio, feminicidio, narcosubmarino, negociación, quecemento global e sentidiño son o seis termos finalistas que aspiran a converterse en Palabra do Ano 2019, segundo informa a Real Academia Galega (RAG). 

O público poderá participar na votación virtual que se manterá abertas ata as 23.59 horas do 25 de decembro a través do Portal das Palabras, a web de divulgación do léxico galego da Real Academia Galega (RAG) e a Fundación Barrié. 

Ambas as entidades animan á cidadanía a participar na elección colectiva "da voz que mellor resuma o ano a piques de terminar ou que desatasque un tema de especial relevancia nos últimos doce meses", subliña a RAG. 

A fase de recollida de suxestións pechouse o pasado domingo con case 7.000 achegas que sumaron unhas 400 palabras diferentes. Moitos delas reflicten "igual que as finalistas ecocidio, quecemento global e feminicidio, a crecente preocupación social polo dano ambiental provocado pola acción humana e pola desigualdade de xénero". 

Comentarios