Imprimir

Un Nobel da Paz etíope

Juan Antonio Pinto Antón |

Galiciae | 17 de octubre de 2019

O nome de Abiy quedará ligado ao final feliz da guerra interminable entre Etiopía e Eritrea, coa súa herdanza de destrucións, custo económico nun país pobre, a dor dun pobo famento e ducias de miles de mortos.

Na súa historia persoal hai un pai musulmán e unha nai cristiá, velaquí a primeira vacina familiar contra unha visión sectaria e dogmática do mundo. Como ademais é enxeñeiro informático, lemos a portentosa noticia de que no país das fames bíblicas, guerras cainitas no fin do mundo e a infinita pobreza do subdesenvolvemento apareza a Etiopía do futuro e do 4G. África éche un continente tan xigantesco como poliédrico.

Velaquí o rostro negro e amable dun home novo, dun mediador alí onde hai máis conflitos que solucións.

Graciñas a este Nobel da Paz rematou unha das máis longas e sanguinarias guerras entre veciños: Etiopía e Eritrea. Polo camiño quedaron 70.000 mortos, unha fronteira erizada de minas e un multimillonario cemiterio de elefantes bélicos.

A súa figura mediadora éche activo salientable á hora de sentar na mesa a países enquistados no conflito, como Sudán do Sur. Agora, a asignatura pendente no seu país éche a mesma que noutros xigantes africanos como Suráfrica e Nixeria onde as infinitas riquezas acaban en poucas mans, case sempre da cor branca das multinacionais que acaparan o pan e deixan a fame. Oxalá que ao noso Abiy lle vaia ben. Que triunfe a súa aposta pola democracia, a economía para o pobo e a igualdade para a xentiña, cousiñas descoñecidas en tantos recunchos de África.

O Nobel da Paz é etíope, africano é chámase Abiy Ahmed Alí.

Podes ver este artigo na próxima dirección /gl/opinion/juan-antonio-pinto-anton/un-nobel-da-paz-etiope/20191017131759066829.html


© 2020 Galiciae

Fernando de Casa Novoa, 35 A 1ºB Santiago de Compostela

Tlfno: 981 55 25 30

(Grupo El Progreso)