Imprimir

Tres vehículos implicados e cinco persoas feridas nun accidente en Redondela

Redacción | 08 de diciembre de 2019

Debido ao impacto causado, unha mancha  de combustible procedente dos vehículos sinistrados quedou espallada pola estrada

Unha colisión entre tres vehículos deixou esta tarde cinco persoas feridas en Redondela.

Todo aconteceu sobre as 16.00 horas. Un particular informaba ao 112 Galicia do choque entre dous turismos na N-550, en Quintela, concretamente, na curva pasando o tanatorio. Segundo o seu relato, un dos vehículos ao colidir co outro, derrapou levándose por diante un terceiro vehículo.

Ata o lugar desprazáronse, nada mais ser alertados polo 112 Galicia, os profesionais do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os axentes de Tráfico, da Policía Local e os efectivos de Protección Civil da localidade.

Debido ao impacto causado, unha mancha de combustible procedente dos vehículos sinistrados, quedou espallada pola estrada, polo que, os xestores do 112 Galicia requiriron a intervención do persoal do servizo de mantemento, que se ocupou da limpeza da vía.

Podes ver este artigo na próxima dirección /gl/articulo/galicia/vehiculos-implicados-persoas-feridas-nun-accidente-redondela/20191208192039069993.html


© 2020 Galiciae

Fernando de Casa Novoa, 35 A 1ºB Santiago de Compostela

Tlfno: 981 55 25 30

(Grupo El Progreso)