Opinión

Xerros chineses molestos ás veces

ADRIANA Lastra non rachou o floreiro vello que había na sede socialista a pesar de darlle un bo meneo. Os partidos están cheos de xerros chineses que non se sabe onde poñelos, como metaforicamente se queixara Felipe González logo de deixar tarefas institucionais e orgánicas. Agora o expresidente reprende á portavoz parlamentaria por menosprezar os que contan con máis idade, arrinconados no pasado, pero aínda con voz, para desgusto dos dirixentes actuais. Reflicte este enfrontamento público as dúas sensibilidades socialistas en canto a socios, pois unha póla rexeita calquera achegamento a ERC e menos aínda a Bildu, pero as aritméticas parlamentarias empurran á dirección máis cara esa bancada que á outra. Felipe no PSOE e Aznar no PP, noutra época (e non son os únicos, pero si os máis visibles), resístense a ocupar un espazo baleiro semioculto e reivindícanse como elementos vivos por moito que a xubilación os confinara ao lugar dos testos.

Comentarios