A Xunta activará este mes a tarxeta moedeiro para as familias vulnerables

Permitirá a compra de alimentos por entre 450 e 900 euros segundo a carga familiar
Fabiola García y Feijóo. LAVANDEIRA JR
photo_camera Fabiola García y Feijóo. LAVANDEIRA JR

O Consello da Xunta aprobará este venres a posta en marcha dunha tarxeta moedeiro para que as familias vulnerables poidan comprar alimentos con entre 450 e 900 euros segundo a carga familiar. 

Así o avanzou este xoves o titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, que explicou que esta axuda se incluirá nun plan social ao que a Xunta dará luz verde este venres co obxectivo de facer fronte á crise social derivada do coronavirus. 

Feijóo detallou que, con esta tarxeta moedeiro que se prevé que estea activa este mesmo mes de xuño, a Administración autonómica espera beneficiar a unhas 30.000 persoas en Galicia para que poidan facer fronte ao pago de alimentos. 

"Unha tarxeta moedeiro que tenta non estigmatizar ás persoas que a reciban", manifestou Feijóo, que sinalou que esta medida permitirá axudar a moitas familias mentres a renda mínima vital "non se active a todos os colectivos que a necesiten".

Comentarios