A Xunta promove o turismo interno financiando parte das viaxes de case 13.000 galegos

O programa Elixe Galicia está dirixido a nbsp;menores&de 30 anos, familias con fillos menores e maiores de 55 anos
O programa Elixe Galicia busca desestacionalizar a ocupación hostaleira. XUNTA
photo_camera O programa Elixe Galicia busca desestacionalizar a ocupación hostaleira. XUNTA

O Goberno galego pon en marcha Elixe Galicia, un programa de estancias turísticas e de lecer dirixido a menores de 30 anos, familias con fillos menores e maiores de 55 anos que nace co obxectivo de promover o turismo interno, desestacionalizar a ocupación hostaleira e favorecer que se coñeza mellor a comunidade. 

O proxecto contará cun investimento total de 1,6 millóns de euros por parte do Goberno galego, que financiará o 40% do custo das viaxes. Os usuarios abonarán o 60% , polo que o valor estimado do contrato é duns 4 millóns de euros. 

En concreto, o programa para os anos 2020 e 2021 permitirá financiar un mínimo de 12.800 prazas e contará con catro modalidades: vacacións en zonas costeiras, rutas de patrimonio histórico e cultural, rutas de natureza e montaña, e estancias en balnearios. 

A primeira fase empezará nos próximos días coa licitación do contrato para xestionar e comercializar 'Elixe Galicia' por parte de axencias de viaxes. 

A convocatoria para os usuarios abrirase no primeiro trimestre de 2020, para que os usuarios presenten as súas solicitudes e opten a ser beneficiarios do programa.

SELECCIÓN POR SORTEO. Esta selección realizarase por sorteo, con reserva de prazas para colectivos especiais como familias numerosas, persoas con discapacidade ou con baixos ingresos. 

A saída inaugural está prevista para o mes de marzo, fóra da tempada alta. 

Comentarios