El tiempo
lunes. 30.01.2023
El tiempo
La Opinión de
Javier Nogueira Gotas de Tinta

Nos suburbios

Nos suburbios - Javier Nogueira
UN HOME alto e delgado, cunha gabardina que lembra a Bogart nos seus mellores filmes, observa en silencio unha pedra branca que cobren as follas verdes. Non hai un só símbolo relixioso, posto que estamos no Cemiterio dos Ingleses en Roma —o camposanto que os romanos coñecen coma Cemiterio dos Artistas pois alí xacen Keats, Shelley ou Gadda—. Mira unhas simples letras (Gramsci) acompañadas de lugares e datas.

Cada faragulla

Anne Frank. EP
LIN O DIARIO de Anne Frank, como debe ser, na miña adolescencia. Non me mandou ninguén nin, daquela, me gustou moito. Si lembro que foi un dos primeiros libros que merquei, nunha edición de peto...

"Quero estar sedado"

The Ramones. EP
THE RAMONES non é precisamente o meu grupo preferido, mais si me gustan varias das súas cancións máis coñecidas –ou clásicas, se se quere–. Unha delas é I wanna be sedated  e ten unha...

Antifa

Los familiares portan el féretro con los restos mortales de Franco tras su exhumación. EMILIO NARANJO (EFE)
COMA CASE que todos os millennials, eu tamén uso os memes para me comunicar. Un dos meus preferidos é a versión simplificada dunha viñeta máis complexa e coñecida. Aparecen tres monigotes: á...

Como una moto

Bob Woodward e Leonard Bernstein
É PROBÁBEL que Bob Woodward sexa o xornalista máis famoso do mundo e o asunto non vén de hoxe, nin sequera deste milenio. É así dende que as súas pescudas —e as de Carl Bernstein— levaron á dimisión de Richard Nixon como presidente dos Estados Unidos —cando os mandatarios daquel país marchaban sen necesidade de montar un golpe de estado antes— e dende que Robert Redford o interpretou na magnífica Todos os homes do presidente.

Delirios continentais

Perón
A proposta inicial de Granés asusta pola súa audacia, expresada xa no subtítulo: facer unha historia cultural e política de América Latina —si, con Brasil incluído, o que engade un xiro máis ao pinchacarneiro intelectual—.

Unha tarde barcelonesa

SON AS CINCO dunha calorosa tarde de verán en Becerreá. Un neno visita por primeira vez a casa dos seus avós, asemade o bar máis grande da vila. Todos deberían atender o cativo, pero non é así: a...

Afropeo

DI SINIESTRO TORAL, grupo que se achega á disolución definitiva por certo, nunha das súas cancións que Hay otros mundos pero están en este . Coñezo poucos xeitos mellores de describir a miña vida...

Tentando á sorte

undefined
A PESARES de ser un ateo, materialista e racionalista gardo para min unha incoherencia: son unha persoa supersticiosa. Non son o único con estes trazos. Se analizo a miña conduta, ten máis...

Regreso a Gide

André Gide. EP
A quen interese máis o Gide personaxe que o Gide escritor ou, simplemente, a quen queira saber moito máis da Francia dos anos 30 e a Segunda Guerra Mundial, estes dous volumes téñenlle que parecer por forza tan apaixonantes coma polémicos.

Empecen por Grimal

Pierre Grimal. EP
HABÍA UNHA vez un mozo que non ía a clase de Matemáticas. Había unha biblioteca de instituto sen moita vixilancia. E había un libro de cor amarelo ovo que chamaba poderosamente a atención por se...

Norcoreano

TEÑO UN amigo dun amigo que estivo en Corea do Norte, o que o converte nun privilexiado para algunhas cousas —estivo no país máis difícil de visitar do planeta e o relato indirecto do asunto que...

Encher os zapatos

HAI TRES meses finou Darío Xohán Cabana. Como esta é unha páxina de crítica literaria e non de información non houbo lugar a unha homenaxe ben merecida que si pode ter lugar arestora, xa que entre o seu legado inmenso atopamos unha novidade nas librarías, Xácome o fatalista, tradución da inmortal novela do ilustrado francés Denis Diderot.

O camiño das estrelas

UN PAR DE veces á semana teño que entrar cedo no traballo e estar un bo anaco ao aire libre nun lugar con moi pouca contaminación lumínica. Sería en teoría a situación ideal para facer as miñas...

Falla de concisión

PARA OS estudantes de Filoloxía do noroeste, léase Compostela, Oviedo e León, a figura de Noam Chomsky case que leva cornos e rabo. E non, non é por razóns políticas; senón por asuntos...

O mar de moda

XA TEMOS falado nalgunha ocasión de que o mercado editorial español funciona coas súas particulares reglas e que en non poucas ocasións pon de moda certos temas sen que o lector poda detectar con facilidade a razón pola que isto ocorre.

A lingua en perigo

OS MÁIS vellos do lugar lembrarán que esta columna orixinalmente se escribía en castelán. O troco veu motivado por un par de razóns. A primeira, o feito de que eu escollera esa lingua "por...

O derrubo das estatuas

Decote cando se fala de xenocidios e cataclismos a nosa mente vai cara as guerras. Son explosivas, ocorren nuns poucos anos e, ao sermos europeos, representan un fenómeno "familiar". Non nos podemos alienar, poño por caso, das guerras napoleónicas aínda que estean lonxe no tempo porque, por exemplo, John Moore segue enterrado no Xardín de San Carlos na Coruña

Moito antes dos booms

Joaquim Maria Machado de Assis. EP
O ESCINTILANTE resplandor do Boom da novela latinoamericana a partir dos anos sesenta –e quizais un chisco antes– escureceu para a maior parte do público un feito innegábel: o valor das letras...

O rei das listas

tren
O FINAL de cada ano e o comezo do seguinte proliferan as listas de todo tipo, tamén de libros por suposto. Algunhas, como a dos libros escollidos polo suplemento literario do New York Times , son...

O agasallo definitivo

Stefan Zweig. EP
NOS ÚLTIMOS anos lévase discutido moito sobre a duración dos dereitos de propiedade dos escritores. Estamos a falar de 65 anos, algo que supoño será satisfactorio para os netos e bisnetos dos...

Labirintos económicos

COMO XA levamos con esta columna máis dunha década, sabemos que o mundo do ensaio en español tamén ten as súas modas, estreitamente relacionadas con certos sucesos. Lembro o 2011 como o ano da Grande Recesión, o 2014 como o ano da Primeira Guerra Mundial e, coma vostedes, o 2020 coma o ano da Pandemia. Polo tanto, non me custa ver que 2022, se non ocorre nada estraño, volverá ser un ano de Ciencias Económicas.

Os outros millóns

SE UN LE xornais ou libros ou escoita os discursos de moitos políticos saberá que, en teoría, estamos nunha guerra cultural que está a levar a cabo a dereita (pseudo)intelectual contra o dominio académico da esquerda, trasladado a certa política. Digo "en teoría" porque na práctica o asunto soa máis ben a un uso estensivo do que en Retórica chamamos "argumento do home de palla": cargar de clichés a un bando e construír o argumentario sobre esas falsas ideas.

Prohibicións

ÄS VECES hai que comezar as críticas cunha advertencia. Se vostede é antivacinas, non continúe dende este punto, xa que imos ofendelo a conciencia. Seguir as liñas argumentais dos que se opoñen...

Un tratante de cabalos

caballo
COMO ESTOU seguro de que os meus estudantes non me van ler, podo confesar algo en público: como profesor vocacional de Literatura sufro cando teño que ensinarlles a materia. Queda tan afastada dos seus intereses e as súas vivencias 3.0 que semella que un fala para as paredes.

Outras historias

A historiografía española non se caracteriza precisamente polo seu carácter progresista e moito menos pola súa tolerancia cara outros pobos que habitaron a Península Ibérica.

A problemática memoria

2021112309050173681
OS DEBATES sobre a Memoria Histórica —así, en maiúsculas— en España son esgotadores, maiormente polo feito incuestionábel, como ben argumentou Gil Pecharromán, de que os partidos da dereita española son herdeiros directos do bando vencedor, que prolongou a súa vitoria nunha ditadura de case que corenta anos.

Referencia

ESCRIBIR un libro que sexa unha referencia incuestionábel en calquera terreo do coñecemento debe de ser algo dunha enorme complexidade. Non fai falla pasar pola experiencia para sabelo. No caso...

Fanáticos

AFGANISTÁN xa non está de moda. Pasou polas nosas vidas en 2001, reapareceu ocasionalmente alí e acolá nos anos seguintes e resucitou de xeito máis contundente hai unhas semanas cando Joe Biden anunciou a saída das tropas estadounidenses do país. Axiña apareceron as moi oportunas fotos do expresidente Ronald Reagan a recibir aos muiadíns que nos 80 estaban a axudalo a derrotar ao demo comunista

Algún poema perigoso

Heberto Padilla
UN DÍA no que non tiña un libro que criticar cheguei á libraría e agarrei unha historia de Hispanoamérica de Héctor Pérez Brignoli. Non podía saber que aquel xesto, e a crítica que vostedes leron días despois, ían cambiarme a vida