lunes. 09.12.2019 |
El tiempo
lunes. 09.12.2019
El tiempo

Nicaragua, Chile, Venezuela, Bolivia

BÁGOAS DE sangue en América Latina. En Nicaragua, o pequeno país mártir, non amencen os días claros da democracia. Outra vez o somocismo? Desta volta da man dun tipo ávido de poder. A calquera...

Bernardo Atxaga, a imaxinación e a memoria

VÉN DE conseguir o Premio Nacional das Letras 2019. Merecidamente e co acordo dos presidentes das Academias das catro linguas do Estado. Así o decidiron tamén representantes das universidades,...

A carauta democrática do populismo

NON, NON todos os que critican ás élites son populistas. Vixiar ao poder tamén é compromiso democrático. Pero a sombra do Brexit e o tsunami Trump si son populistas. Porque monopolizan a...

Pasolini en Barcelona

MAIO DO 68. Fogueira ilusionante e espontánea. Como os ismos arden ben, os estudantes queiman o capitalismo, o autoritarismo, o consumismo, o imperialismo. Protestan da man dos obreiros contra...

O estado de benestar coxea na escola

A viñeta aceda di: "A ignorancia ensínase nas escolas e se queres aprender algo tes que ser autodidacta". Non é certo. A escola éche o camiño á igualdade, billete para a salvación da xente do...

"Tu risa me hace libre..."

"ME PONE alas", canta con versos Miguel Hernández. A risa do fillo, contada pola nai, abríndose paso ata a cela do poeta. A risa precoz nos nenos e temprana na nosa especie, a única que ri. E...

Un Nobel da Paz etíope

O nome de Abiy quedará ligado ao final feliz da guerra interminable entre Etiopía e Eritrea, coa súa herdanza de destrucións, custo económico nun país pobre, a dor dun pobo famento e ducias de...

Xogando á ruleta rusa co clima

Miudiña, con coletas, co seu asperger ao lombo, mobilizando á rapazada do planeta ferido: Fridays for Climate. Unha adolescente sueca, Greta Thunberg. Como a cousa vai a máis, sentada cada...

Insulina, a dor e a cobiza

Nas cadeas televisivas de recheo menudean programas de saldo made in USA. Buscatesouros  nos alpendres da América máis fonda. Subasteiros da cobiza que ofrecen gardamobles abandoados ao...

A casa dos xigantes xenerosos

"CUANDO UN bosque se quema... algo suyo se quema, señor conde", mofábase o Perich en antigas campañas benintencionadas. Hoxe, as boas intencións seguen lousando o camiño do inferno, do lume, dos...

A pobreza non emigra

Éche a riqueza a que migra. Os dólares fixeron negocio no patio traseiro USA. Os rublos daquela URSS vendían armas por recursos. Os yuans chineses copan agora boa parte de África. E ninguén sabe...

Greta Thunberg e Donald Trump

A ESTUDANTE e o presidente. Tan diferentes, tan semellantes. Comparten a casa. Son da familia humana. E pertencen á mesma especie: a do humano sabio, homo sapiens. Representan dúas caras distintas...

A man dereita do demo

CÓNTAO E cántao así de ben Johnny Cash en The Devil's Right Hand , a canción de Steve Earle. O neno, de compras coa nai. Na tenda de armas, a pistola brillante. Á nai escápanlle da man e escachan...

Prendendo en todas as silvas

CHEGA O tempo das amoras. Pero aínda non. As froitiñas están ácedas. Menos para pegas e merlos que coñecen os sitios onde serven a gran paparota. Escollen, claro, as maduras. Vai chegando o...

Outra vez o cabalo de Troia

SUCEDEU EN Troia, a antiga Ilión. Destruída tantas veces, tantas veces reconstruída. Ao fin, unha colina onde se amontoan tantas cidades que fan as delicias dos arqueólogos. A Troia do cabalo...

O bosque infinito

En El bosque infinito , Annie Proulx percorre a saga da cobiza humana na destrución dos bosques boreais ao longo de tres séculos. O bosque, a casa das árbores, a placenta da vida ameazada pola...

Chernobyl, o virus humano

EN CHERNOBYL, no norte de Ucraína, pasou o que pasou en 1986. o torpe oso soviético tentou silenciar a explosión dun reactor atómico, detectada con alarma polas estacións de vixiancia suecas....

Vestida de branco por Sudán

TEN VINTEDOUS anos. Icono da loita de Sudán contra a ditadura. Contra a forza bruta. Contra os militares enfrontados ao pobo. Vestida de branco. Alaa Salah no teito dun coche canta: "Sudán é de...

Estatística sen clientela

"CHEGUEI A peitear máis de cincoenta noivas nun ano", conta a peiteadora dunha vila da montaña luguesa. "Agora, só catro. Non hai mocidade". Velaquí a fotografía nidia da España Baldeirada. Da...

Lección de historia para o planeta

HOXE, A lección de historia é que non hai historia. Pero non no sentido que describía Fukuyama en El fin de la historia y el último hombre : unha democracia liberal, triunfante desde o fin da...

Non disparen contra a mestra!

NIN CONTRA o mestre: só que elas son máis. En Brasil, un tal Bolsonaro, incriblemente presidente, anima a denunciar a profesoras e profesores que adoutrinen . E, xa postos, a borrar das paisaxes...

Con uñas e dentes: Europa!

A FERMOSA rapaza recollía flores na praia. Seducida por Zeus en forma de touro branco, montou sobre el e así recalou en Creta. A fenicia Europa acabaría dando nome ao continente. Sobre o lombo da...

Corais para Fraguas no Vello Cárcere

DIN QUE o soño dun chef con moitas estrelas é poñer un exército de cociñeiros creando un menú exquisito e irrepetible para un só e privilexiado comensal. Algo así sentimos o Día das Letras Galegas...

O lobo do conto

O pastorciño berraba: que vén o lobo! E os pastores corrían cos cans, paos e coitelos a defender a facenda. Éche unha broma! Que vén o lobo!, volvía a berrar. E volta ás carreiras e ao medo. Éche...

Unha activista no medievo

"TODOS NACEMOS incendiarios e morremos bombeiros", citaba Umberto Eco. Pero hai quen fixo o camiño inverso, como a activista e informática Manal al Sharif. Esta muller saudí, nin de lonxe puido...

Pintar de verde a terra

NON SE escoita avanzar ao deserto. Faino en silencio. Para velo habería que ter os ollos abertos durante anos. O deserto avanza e vai borrando con goma seca árbores e pradarías, cultivos e matos....

Unha man armada con libros

O PRESIDENTE brasileiro, Jair Bolsonaro, se Deus non o remedia, e non o remediou, firmou un decreto facilitando a posesión de armas. Nun país tan ben armado que cento dez persoas morren...

Vademecum de populismos

EL PUEBLO contra la democracia , de Y. Mounk éche un vademecum dunha palabra desgastada e de contornos imprecisos: populismo. Miramos atrás e aínda está quente o sangue e o cheiro a...

A España baldeirada e a secesión dos ricos

SON URBANIZACIÓNS para quen pode pagalas. Muros e gardas armados. Un microcosmos artificial e acomodado para illarse da xente do común e fuxir da inseguridade. Countries arxentinos. Dentro,...