Opinión

Días de siciliana e gambito de dama

Unha partida brava de xadrez. Imagen de Steve Buissinne en Pixabay
photo_camera Unha partida brava de xadrez. STEVE BUISSINNE (PIXABAY)

CANDO era pequeno xogaba ao xadrez. Cheguei a ir a un campionato galego. E ata logrei non quedar último. Foi todo un éxito. Houbo un momento no que tiven que elixir entre os taboleiros e os partidos a xeonllo aberto no campo do Polvorín. Escollín o fútbol, para desgusto da miña nai e alegría dos fabricantes de mercromina. Pasaron 25 anos e agora volvínme enganchar. Ao xadrez, quero dicir, non á mercromina. Débollo en parte ás retransmisións do gran mestre Pepe Cuenca, un narrador cun estilo tan particular como atractivo. Neste confinamento vin ducias de partidas, xoguei algunhas menos e ata consultei tutoriais sobre a defensa siciliana e o gambito de dama. Canto falta para que volva o fútbol?

Comentarios