martes. 07.04.2020 |
El tiempo
martes. 07.04.2020
El tiempo

Achegámonos a outra campaña electoral

Será só en Cataluña, pero o resto de España vivirá a campaña tan intensamente como se fose propia. Pasaron a velocidade de vertixe todo tipo de eleccións, enleadas unhas coas outras, e cando se aventuraba un tempo calmo, todo indica que antes do verán haberá renovación do Parlament, e indirectamente a toma de posesión de novo president. A inhabilitación de Torra, pendente de sentenza firme, está envolta nunha maraña xudicial que parece conducir á primavera a resolución definitiva e, con ela, o adianto electoral no que se vivirá un novo enfrontamento de todos contra todos, independentistas contra constitucionalistas, os soberanistas entre si polo liderado do espazo común e os unionistas entre eles para erguerse como estandarte opositor ou simplemente non quedar como residual. Véntase un rebumbio considerable, con inéditos candidatos a president, novos actores para superar un vello enquistamento. Deles dependerá. Iso ou seguir coa liorta.

Achegámonos a outra campaña electoral
Comentarios