viernes. 07.08.2020 |
El tiempo
viernes. 07.08.2020
El tiempo

Atípico tamén nas vacacións

ENTRAMOS no mes máis vacacional do ano máis atípico cos peores datos turísticos a pesar dos esforzos institucionais dos gobernos, de todos os niveis, e ata da xefatura do Estado, que en parella organizou unha xira por España para promocionar o ocio interior. Insuficiente, despois do que aínda está pasando, por medo ou por imposibilidade. Pero aínda que o turismo represente unha parte moi significativa do PIB, que neste 2020 se reducirá ostensiblemente, o país sufre nesta volta á normalidade en case todos os sectores, por moito que o Goberno evitara despidos definitivos cos expedientes temporais socializando así as perdas. Nesta crise viuse a necesidade do Estado, imprescindible para todos, pero principalmente para os menos favorecidos, aínda que minguado durante décadas nun proceso liberalizador aplaudido cando o vento sopra a favor, se ben se demostra fanado en canto entra a galerna e todo se revira. Miren por exemplo Alcoa.

Atípico tamén nas vacacións
comentarios