viernes. 03.07.2020 |
El tiempo
viernes. 03.07.2020
El tiempo

Bandeiras como arietes

Vexo protestas con bandeiras españolas contra o Goberno de PSOE e Podemos, como se os militantes destes partidos non tiveran a mesma insignia común. Isto é como se afeccionados do Real Madrid ou do Atlético fan ondear os seus distintivos vermelloamarelos en partidos ante o Sevilla ou o Zaragoza, como se eses equipos e os seus seguidores non fosen tamén españois. Igual que animar ao Celta contra o Dépor ou viceversa coa bandeira galega. Entón, a que vén amosar o estandarte de todos como ariete contra unha parte? Ou colocala no pulso ou calquera outro lugar, suponse que para amosar aos demais a súa nacionalidade. Pero a quen? Aos outros españois, que o son igual que eles, ou aos estranxeiros? Ou quizais aos separatistas? Pero neste caso en Madrid, Valladolid ou Málaga non tería moito sentido, porque alí os independentistas son mínimos. Non entendo o significado, pero algo se me debe escapar. Búscase explicación, para saír de dúbidas.

Bandeiras como arietes
comentarios