viernes. 15.11.2019 |
El tiempo
viernes. 15.11.2019
El tiempo

Canto peor, mellor

XA O DIXERA, á súa maneira, Rajoy: "Canto peor mellor para todos e canto peor para todos mellor, mellor para min o seu beneficio político". O que vén sendo, traducido a lexible, o aproveitamento político dunha situación grave. Os partidos chamados constitucionalistas veñen utilizando a crise catalá e os movementos independentistas para sacar rendemento no resto de España.

Agora os soberanistas desa comunidade impúlsanse coa sentenza do procés e como reacción á súa presión nacionalista a extrema dereita fortalécese de cara as eleccións do 10-N. Ou sexa, que a dura decisión xudicial do Supremo foi o mellor que lle puido pasar aos secesionistas (menos aos que están no cárcere, claro) para premer ao Estado, pero as protestas xeran máis simpatía con Vox, por ser o que propón as medidas máis contundentes. Curiosamente, o máis satisfeito co fallo, o PSOE, é tamén o máis incómodo coa situación. Uns sacan máis proveito que outros ao canto peor, mellor.

Canto peor, mellor
Comentarios