Opinión

As críticas non gustan a ninguén

O TRIBUNAL Supremo afea aos líderes secesionistas de Cataluña que busquen luxar a imaxe da Xustiza. Lóxico o desgusto, porque se erosiona un dos piares do Estado e tamén porque deixa en entredito o seu labor. Pero non fan falta independentistas para que a administración xudicial amose de cando en vez costuras mal suturadas, como cando a acusación pública se reconverteu en defensora da infanta Cristina no caso Noos ou na actualidade ao cambiar de criterio o fiscal que actúa na investigación dos másteres, ao apoiar as imputacións dos implicados ata que o afectado foi o agora líder do PP. Aí o enfado non é do alto tribunal, senón dunha xuíza de primeira instancia, a que se encarga desta instrución. Disto moito de crer como o exalcalde de Jerez Pedro Pacheco que "a Xustiza é un cachondeo" (así, textualmente, o dixera e por iso fora condenado), pero pode estar suxeita a crítica como calquera. Debe asumilo, aínda que non lle guste.

Comentarios