Opinión

Cuestión de interpretación

ENTENDEUNO ben en abril pero chegou maio e malinterpretouno. Os resultados das autonómicas e municipais foron determinantes para que o PSOE cambiara de parecer e rexeitase a coalición con Podemos, que agora ve lóxica cun reparto proporcional á representación parlamentaria. E desta forma garanta unha certa estabilidade, que cun acordo co PP non ocorrería pois sería só para que Sánchez fose presidente, pero sen orzamentos, imprescindibles para gobernar. Os populares critican o acordo desde o seu papel de principal partido da oposición, pero é o mellor que lles pode suceder, pois absterse na investidura serviría de novo impulso electoral á ultradereita, convertida así en principal alternativa. Medio ano perdido, retroceso electoral dos dous partidos que gobernarán e significativo ascenso de Vox para formar un executivo excepcional non só en España, senón tamén en Europa, pero a atomización política no Congreso depara conxunturas coma esta.

Comentarios