Opinión

Debilitado pola ambición

Logo duns bos resultados, que non chegaron a óptimos polas elevadas expectativas coas que concorría, Ciudadanos desángrase por dentro por falta de conxunción. O partido podería ser determinante para a gobernabilidade do país cun pacto co PSOE que os poderes fácticos ansían, pero desprezouno ao renegar de Sánchez na campaña das xerais e optou por ser dereitista antes que liberal, etiqueta coa que naceu e conviviu durante todos estes anos, pero que está abandonando agora que toca poder. Atopábase no camiño do FDP alemán, clásico partido liberal que mantén pactos de goberno cos socialdemócratas en Renania-Palatinado e cos cristiandemócratas en Renania do Norte-Wesfalia e antes tamén selara acordos con ambos os dous no Bundestag aproveitando a súa transversalidade. Pero non, a ambición de Rivera levouno a buscar o liderado da dereita para alcanzar a Moncloa, e iso, que chegou a ser factible, agora estao debilitando.

Comentarios