Opinión

Deixámonos influír por teorías conspirativas

ENCÁNTANNOS as teorías conspirativas. Entregámonos a elas ata o exceso. E non só politicamente, que en España casos houbo abondo e estrondosos, como cando se comungaba co complot etarra nos atentados de Madrid para facer presidente a Zapatero. E por riba os medios, ás veces tan dados ao amarelismo, amplifican ou alarman innecesariamente. Como cando inician unha transmisión en directo do voo dun avión que debe retornar ao aeroporto, xerando así incerteza nuns pasaxeiros que ata que viron o despregamento informativo nos seus aparellos vivían o suceso máis próximos á normalidade que á histeria. E sobre o coronavirus xorden múltiples interpretacións imaxinativas que favorecen o desasosego. Que se un complot de Bill Gates, que se ideado por grupos farmacéuticos ou ata que se trata dun invento dos medios para sementar o pánico. Somos tremendamente influenciables, así crecen a comunidade antivacinas ou votantes da mentira.

Comentarios