Opinión

Dous acordos

Pacto de Toledo para reformar as pensións e orzamentos xerais. Tras catro anos de debate e dúas lexislaturas, renóvanse as recomendacións para garantir a sostibilidade das xubilacións. E logo de dúas prórrogas das contas do Estado, elabóranse as primeiras de Sánchez. Dúas noticias económicas de alcance no medio da pandemia que o acapara case todo. Acordo case total o primeiro, coa única disonancia de Vox e algunhas abstencións, e a concordia entre PSOE e UP no segundo que no trámite parlamentario teñen encamiñado o apoio da maioría dos grupos para contar no 2021 cuns orzamentos que gravan as rendas de capital e de traballo máis elevadas, as sociedades e as grandes fortunas. Aquí non contarán co sostén do Partido Popular, como ocorre na reforma das pensións, porque é un proxecto "progresista", como recalca o presidente; pero aínda que non fora tampouco votaría a favor, porque iso nunca o fai nun presuposto o principal partido opositor.

Comentarios