Opinión

Escusas para xustificar a recentralización

CALQUERA ESCUSA é boa para reclamar recentralización. Iso, para os nostálxicos que ansían tempos de goberno sen contestación e uniformidade. Agora é pola xestión sanitaria de 19 gobernos, ou 20 se se suma o central, cada un á súa maneira, porque a alguén ou algo hai que culpar. Pero a división autonómica, sempre mellorable, non é sinónimo de desorganización ou caos, aínda que ás veces poida producirse nefasta xestión, aló cadaquén no seu territorio. Que puidera haber mellor coordinación para facilitar a atención a cidadáns que cambian puntualmente de autonomía, si; pero de aí a que sexa preferible un mando único é discutible. Incluso neste momento pandémico a centralidade sanitaria non garante solucións, por moito que así o esixan os mesmos sectores políticos recentralizadores que tanto defenden un mando único rexo como rexeitan as súas decisións por consideralas impositivas dun executivo socialcomunista que coarta a súa liberdade.

Comentarios