Opinión

Financiamento autonómico, arma electoral

Neste Estado das autonomías fóronse sumando transferencias, pero mantéñense algunhas centralidades que, ás veces, desesperan as comunidades. Gran parte da recadación chega ao Goberno central, que logo devolve o que corresponde, pero cando coma desta volta se retrasa meses o reintegro pode asfixiar administracións. Os executivos autonómicos queixáronse (os que non son socialistas en público e os demais en privado) desta opresión que Sánchez utilizou para forzar que lle facilitasen a investidura sen nada a cambio. Foi e é o financiamento usado como estratexia política, sen rubor, como manobra electoral á que se recorre de novo nun acto partidista en vez de noutro institucional. E se antes había un teórico informe que non permitía a transferencia ás comunidades, unha vez que se data a nova xornada de urnas desaparecen os atrancos; por arte de maxia dunha cita electoral todo muda. Arrandeos na utilización dos resortes do Estado.

Comentarios