Opinión

Se había pouca alternativa, agora menos

SE EXISTÍA un mínimo risco dunhas terceiras eleccións, desapareceu coa sentenza sobre os Ere. E se logo do pacto PSOE-Podemos quedaba un exiguo resquicio para a gran concertación bipartidista co PP que reclaman os temerosos do partido morado, foi descartada co castigo xudicial. O retraso no fallo a despois do 10-N librou a Sánchez dun atranco co que agora non está disposto a tropezar, por iso, e polo descenso electoral, non lle queda outra que entregarse aos brazos de Iglesias. Todas as voces contrarias xa están facendo oposición máis que buscando alternativas, pois os que rexeitan agora o pacto oportunidade tiveron para evitalo nos meses previos. Non lles valería nada que non fose outro presidente, a ser posible dos seus, pero os resultados electorais son testarráns e non hai opcións distintas a Sánchez, contra quen lanzarán toda a artillería (que se os comunistas, que se os independentistas), pero é o que hai, e máis logo da sentenza andaluza.

Comentarios