lunes. 21.06.2021 |
El tiempo
lunes. 21.06.2021
El tiempo

Insensibles á traxedia na porta da casa

SERÁ porque Cataluña o cubre ou encubre todo, será porque aínda a crise non está completamente solventada e por iso nos inqueda ou será porque somos un pobo insensible aos males dos que sobrepasan as nosas fronteiras, tan preocupados que polo visto estamos por elas, o certo é que pasa desapercibido o drama que día a día se vive no mar que separa a miseria da esperanza. En dez meses intentaron chegar a España desde África unhas 16.000 persoas. Para facernos unha idea, a mesma cantidade de residentes en concellos como Viveiro ou Vilalba. As travesías deixaron máis de vinte mortos e un cento de desaparecidos, o mesmo final para consideracións semánticas distintas. Estas cifras, que desbordan as de anos anteriores, agochan unha traxedia á que somos indiferentes, individualmente e como país, diante do se quedan ducias de vidas humanas. As fronteiras ás veces son homicidas.

Insensibles á traxedia na porta da casa
comentarios