Opinión

Sen liberdade de movernos, pero si para difundir

LIBERDADE para a difusión de noticias e informacións? Por suposto. Aínda que unha maioría porcentualmente cualificada da poboación optara polo contrario, por que se prohibira o que non viñera de fontes oficiais, como preguntaba o CIS, non sería posible porque a prensa libre está consagrada. Por iso non se poden perseguir, sen máis, as noticias, aínda que sexan falsas, ataquen ao Goberno ou á oposición, pero si as que sexan constitutivas de delito. Non é a primeira vez nin será a derradeira que un medio debe sufragar un erro punible ou un atentado reprensible contra a imaxe de alguén. Para iso están os tribunais, para interpretar se é ilegal, por exemplo, que un policía en Madrid e un dirixente de Vox en Valencia esparexeran a noticia falsa de que se enviaba de España material sanitario a Francia cando se trataba do transporte de folios desde Italia. Aí si se pode entrar, na liberdade de expresión non, pois aínda que nos quitaran a de movernos, a de difundir non.

Comentarios