martes. 21.01.2020 |
El tiempo
martes. 21.01.2020
El tiempo

Medios e fins, a diferenza está no método

SE CADA frase contundente ten que ir seguida doutras aínda máis radicais pódese chegar á desmesura. É niso está caendo Cayetana Álvarez de Toledo, a portavoz parlamentaria do PP, que cando fala, e polo cargo que ocupa é unha das súas tarefas, remexe todo o enleado político. Para criticar ao independentismo non se lle ocorre nada mellor que asegurar que o actual momento é máis difícil que cando Eta mataba, unha comparación que incluso tivo resposta da irmá dunha vítima etarra do seu propio partido. Unhas palabras que lonxe de ser desautorizadas foron incluso referendadas por outros dirixentes, como o alcalde de Madrid, que querendo aclarar a súa correlixionaria métese aínda máis na lama ao comparar Eta con ERC, porque teñen a mesma finalidade, di; iso si, con distintos medios, recoñece, que iso é o radicalmente distante: defender os postulados coa palabra ou facelo con armas. Aínda que algúns teñen as palabras como armamento pesado.

Medios e fins, a diferenza está no método
Comentarios