Opinión

Mutación política

CHÁMANLLE POPULISMO para descualificar, cando é simplemente o xurdimento de partidos, nas máis das veces contra o establishment, a través dun xeito distinto de entender a política. En España, en Italia, en Grecia. Aférranse as vellas formacións a controlar a orde establecida ante o empurre de alternativas, pero Europa evoluciona cara outros modos de dirixir a cousa pública, mellor ou peor, pero diferente. Nin rastro queda da Democracia Cristiá nin do PSI italianos, disoltos hai lustros enlamados na corrupción; o PASOK grego nin alcanzou 400.000 votos nunha coalición nas últimas eleccións; á presidencia francesa chegou o líder dun partido creado como plataforma persoal. Certo que en Alemaña ou Gran Bretaña seguen como principais partidos os tradicionais, pero no continente hai unha alteración profunda. Chámenlle populismo, chámenlle mutación, pero mudanza ao fin.

Comentarios