Opinión

Na busca de estabilidade

É un referente na educación, a pesar de que baixe no escalafón europeo. Envexamos a Finlandia por iso, pero aquí non somos capaces de avanzar cara un modelo que se asemelle ao seu, quizais tamén porque cada novo Goberno español busca deixar a súa impronta en vez dun plan consensuado que perdure. Porque non somos de pactos, senón de maiorías absolutas. En educación e en case todo o demais. Cada coalición que se formou neste país foi acosada politicamente pola oposición polo mero feito de gobernar máis de un. Por iso se censura xa antes de que naza un novo Executivo.

Finlandia ten a primeira ministra máis nova do mundo (34 anos), á fronte de cinco partidos (por certo, todos liderados por mulleres), e porén aquí alarmámonos cun acordo de dous, iso si, co apoio externo duns cantos máis, pero iso faise necesario para unha mínima perdurabilidade, porque gobernar en minoría favorece a inestabilidade. Sexa un partido ou outro.