Opinión

Nacionalismo estatal ultra contra Europa

DE CARA o 26-M en Galicia só se fala das municipais. E nas comunidades onde se celebran eleccións (todas menos cinco), tamén das autonómicas, claro. Pero ademais están convocadas as europeas, que desta volta en España pasan desapercibidas por coincidir coas máis cercanas, que acaparan o interese cidadán e case tamén dos partidos. Xóganse pouco en Europa, e menos agora que os comicios nin sequera teñen xornada propia, pois unha acta arriba ou abaixo (elíxense 751 eurodeputados) pouco significa, á parte da lectura interna contabilizadora de votos en circunscrición única en comparación coas demais formacións. Pero Europa é determinante na política de calquera país membro e os cidadáns non deberían descoidala, pois aínda que pareza un contrasentido os euroescépticos (de extrema dereita en case todos os estados) poden formar un grupo poderoso, incluso o primeiro se logran unirse logo de superar o seu ultranacionalismo patrio. E niso andan.

Comentarios