Opinión

Nada será igual

REMATA o estado de alarma para toda España cen días despois, como se este ano fora só de oito meses. Pero este tempo de confinamento primeiro e desescalada despois ata chegar á nova normalidade deixa un país e un mundo distintos, no que os saúdos non serán iguais e a proximidade social tampouco en relacións públicas enmascaradas, nas que as emocións expresaranse a dous metros de distancia. Poderemos circular xa por todas as comunidades, teremos a posibilidade de ir de vacacións ao Mediterráneo cruzando a Península, pero aquí quedarémonos sen verbenas. As festas serán doutra maneira. Haberá máis ciencia, máis sanidade e máis Estado solidario, pero agarda detrás do verán un inverno económico de reconversión de Ertes en Eres e de valoración de actividades novas e incluso de outras antes deostadas, polo cambio de concepción. Nada será igual tras este virus aínda non derrotado pero no que xa perdeu a vella relación social.

Comentarios