Opinión

Nuns sitios desaparecen, aquí medran

ALÉGRAME ler que logo da Noitevella hai 470 quilómetros de autoestradas gratis de Tarragona a Alacante e de Sevilla a Cádiz. Satisfaime, pois confío en que o pasado verán no fora a miña última vez en pasar por elas, tan namorado como estou de Cataluña e Andalucía. Pero ao tempo entristéceme porque a que máis uso, a vía rápida do eixo atlántico galego, ten un custe superior aos 22 euros entre Ferrol e Tui, logo de sufrir a subida máis pronunciada de cantas autoestradas estatais hai no país. E vai polo terceiro ano que isto ocorre, e así sucederá outras dúas décadas, mentres non se acaben de pagar a ampliación da ponte de Rande e o ensanche da circunvalación de Santiago, a non ser que o acordo entre PSOE e BNG para a presidencia de Sánchez se concrete en beneficios para os usarios. O Goberno central recoñecera que é "inxusto" o pago, pero o partido que o apoia non se movera para solucionalo, ata que lle foi imprescindible contar cun voto galego. A ver se así.
 

Comentarios