Opinión

Poder asumir rebrotes

Que vai haber rebrote da pandemia, ninguén o dubida, porque niso insisten os expertos. De feito en varias comunidades autónomas xa se produciron repuntes, polo que as responsables decidiron atenuar a desescalada, en contra do que formulan outras que incumprindo os mínimos esixidos pretenden acelerar, co risco que iso significa. Porque ábrese un chisco a man e todo se pode desmandar levados en rabaño. Nesta crise é preferible ser conservadores, arriscar o menos posible, porque recuar e ter que volver ao confinamento sería terrible. Certo que o país xa estaría preparado, xa non o pillaría por sorpresa, pero o perigo segue latente. Por iso tamén se obriga á xente a levar máscara case permanentemente, aínda que desagrade, como mal menor. É preferible este complemento a ter que recorrer a un respirador nun hospital. Pero ante as normas para o ben común hai irresponsables, incluso en postos de representación, que alentan a transgresión. Imprudentes.

Comentarios