Opinión

Recunchos de moderación

MALOS tempos para a moderación. Os ánimos están exaltados, case tanto como cando xurdiu o movemento indignado, pero doutra maneira. A radicalidade vén agora pola exaltación patriótica, como se un alto ton de voz e os berros foran ariete de constitucionalismo.

Ante iso, Sánchez reclama aos ministros política contra balbordo, como o padecido nas sesións de investidura, con insultos, desplantes, viraxe de costas, apupos e estridencias impropias dun lugar como o Congreso. Por iso non parece haber sitio para o moderado Sémper dentro do PP, no que Casado non se ve disposto a atender as voces interiores que reclaman mesura, como Feijóo ou Bonig, algo que lle veu ben na repetición das eleccións e lle permitiu crecer unha manchea de deputados.

O escoramento radical de Cs levouno á insignificancia, e aí segue instalado a pesar da desaparición de Rivera. Estes e outros apuntan a minguar sen moderación, todo por guiarse polos extremos.

Comentarios