Opinión

O risco de converterse en apestados

Córrese o risco de que Madrid se converta en apestado. Diso alertaba Aznar, sobre todo para evitar que se lanzasen mensaxes nesa dirección, pero algunhas decisións, políticas e xudiciais, poden favorecer a animadversión do resto cara a cidade máis poboada de España e a comunidade na que se atopa a capital. Unha enquisa reflicte que os madrileños reparten a partes iguais as culpas da situación sanitaria entre os gobernos central e autonómico, translucindo así a fragmentación política e unha crispación que a fai molesta, e un xulgado acaba de facer distingos con outros territorios. Un barrio de Lugo, Ourense, León ou moitas outras áreas españolas sofren duras restricións que non se lle aplican a Madrid, aínda que así medre o risco para a saúde dunha das zonas con máis incidencia do covid no mundo. Antes un xuíz permitía perimetrar por áreas sanitarias e agora outro non o admite por concellos. Todo moi lóxico, polo ben de Madrid, seica.

Comentarios