Opinión

Suspenso en educación en igualdade

"PECHA a tenda e vaite ao teu país", díxolle na Coruña unha clienta ao propietario dun bazar chinés cando este lle recriminou o roubo que acababa de cometer, o que reflicte que incluso os delincuentes nativos considéranse con máis dereitos que os cidadáns chegados de fóra, aínda que sexan escrupulosos cumpridores coa lei. A ladroa, o seu compañeiro, que tamén se apropiara de produtos que non pensaba pagar, e un terceiro mozo mallaron o comerciante. Máis grave foi nun concello alemán onde un veciño acoitelou o alcalde por ser defensor da acollida de refuxiados, tanto que nesta localidade hai máis dos que lle correspondían para compensar o que outras non asumían. Isto agocha unha xenofobia, da que non se exclúe ningún país, que nutre os nacionalismos estatais de extrema dereita. Cada vez ten máis forza en Europa, que suspende en igualdade e segue baixando na nota.

Comentarios