Opinión

Transixencia coas mentiras dos políticos

Se como ocorre en Reino Unido sucedera en España, poucos representantes públicos quedarían sen sentarse diante da Xustiza. Un dos aspirantes a liderar o Partido Conservador británico foi citado a declarar por mentir na campaña do Brexit cando era alcalde de Londres. O denunciante asegura que Boris Johnson deu un dato erróneo deliberadamente, que o Estado aportaba á Unión Europea 400 millóns de euros á semana (20.000 ao ano), e o xuíz tramítao. Recordemos en España só tres exemplos de mentiras que non chegarán ao xulgado. Pedro Sánchez asegurou que o seu plan de emprego regularizou 190.000 contratos (foron menos de 62.000); Pablo Iglesias mantivo que o PP recortara 18.000 millóns en educación en cinco anos (foron 6.500) e Pablo Casado defendeu que a construción caera un 25% tras a moción de censura a Rajoy (subiu un 2,8%). Non fai falta rebuscar para atopar mentiras a esgallo, pero aos políticos aquí sáelles gratis.

Comentarios