Crónica

Almeida enfróntase a Ortega Smith por boicotear o minuto de silencio contra a violencia machista

Os edís de  Vox no Concello de Madrid acudiron ao minuto de silencio convocado polo último asasinato dunha muller a mans da súa parella cunha pancarta propia que rezaba A violencia non ten xénero, xesto que lles afeou o alcalde, José Luis Martínez-Almeida, que mantivo unha discusión pública co portavoz da formación de extrema dereita, Javier Ortega Smith.

Os concelleiros de Vox non quixeron situarse detrás da pancarta que suxeitaban o resto de grupos do Concello alegando que non ían situarse detrás dun cartel que "representa a mentira da ideoloxía de xénero".

Unha actitude que molestou ao alcalde, que lles reprochou que non mostren unidade ante unha "realidade dramática", o asasinato de mulleres polas súas parellas, que é "a primeira causa de morte violenta na cidade e na Comunidad de Madrid".

VÍDEO: Europa Press
 

Comentarios