Crónica

Dous feridos graves tras un ataque de quenlla no nordés de Australia

Dous turistas británicos resultaron feridos de gravidade tras ser atacados por unha quenlla na turística zona das illas Whitsundays, no noroeste de Australia, onde o ano pasado morreu unha persoa por un incidente similar. "Un turista foi mordido no seu pé e outro ten feridas graves na parte inferior da perna (...) Ambos foron transportados ao hospital" e atópanse con prognóstico "estable", apunta o servizo de rescate aéreo RACQ CQ Rescue nun comunicado. Os dous homes, de entre vinte e trinta anos, estaban a mergullar cando foron atacados polo escualo.
Comentarios